Compartir |
Onde está Nubebebé?
Fariña, Anxo (Autor)
Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: “Viches a Nubebebé?”, pregunta a quen encontra ao seu paso. Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. Cada volume inclúe unha historia e un divertido xogo para identificar e pintar.

Colección:INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums

Páginas:24

Publicación:Noviembre de 2017

Precio: 9,95 €

ISBN:978-84-9121-282-9

Código:1351054

Formato:Papel

Temática:Álbumes ilustrados -- YBC
Aprendizaje temprano: los colores -- YBLD
Aprendizaje temprano: los números y aprender a contar -- YBLC


Imprimir ficha

Comprar