Compartir |
A biblioteca de Pedrarcana
Taboada, Carlos (Autor)
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana. "A biblioteca de Pedrarcana" é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

Colección:INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante

Páginas:216

Publicación:Abril de 2018

Precio: 12,50 €

ISBN:978-84-9121-370-3

Código:1343270

Formato:Papel

Temática:Relatos de aventuras (infantil/juvenil) -- YFC
Relatos sobre la familia y el hogar (infantil/juvenil) -- YFN


Imprimir ficha

Comprar