Compartir |
O lapis máxico de Malala
Yousafzai, Malala (Autor)
O primeiro álbum ilustrado de Malala inspirará a nenos e nenas de todo o mundo a atopar a maxia ao seu redor. Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá… Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos. Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.

Colección:INFANTIL E XUVENIL>EDICIÓNS SINGULARES

Páginas:48

Publicación:Noviembre de 2017

Precio: 14,00 €

ISBN:978-84-9121-284-3

Código:1334046

Formato:Papel

Temática:Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil) -- YFH
Cuentos (infantil/juvenil) -- YFU
Álbumes ilustrados -- YBC


Imprimir ficha

Comprar